O SERGAS adxudica por preto de 1,4 millóns de euros a adquisición de 261 desfibriladores e 27 ecógrafos destinados a Centros de Saúde
Este novo equipamento está incluido dentro das medidas a curto prazo comprometidas no Plan de Atención Primaria O Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á empresa Comercial Hospitalaria Grupo-3, SL, a contratación da subministración de 261 desfibriladores destinados aos centros de saúde da rede sanitaria pública, por un importe total de 1.051.275 euros. …